Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia é a segunda comunidade onde menos ingresados en hospital morreron:
A taxa de hospitalizados que faleceron é do 14,25 %. O incremento de test por PCR ata case 83.000 eleva o número de casos detectados.
O último balance do Ministerio de Sanidade eleva a 22.902 as vítimas mortais polo covid-19, tras un incremento de 378 falecidos respecto ao día anterior, e a 205.905 os contaxios totais detectados. Isto último, contando só os positivos confirmados a través de PCR, un cambio no reconto introducido o venres polo comité de expertos sanitario e que rompe a serie histórica levada ata a data. De incluír de novo os test anticorpos — segundo a cifra global que daba o ministerio efectuáronse 17.854 ata agora—, o total de casos é de 223.759, 3.995 máis nas últimas 24 horas. Os PCR convertéronse na única base de Sanidade para elaborar os seus balances diarios. A cifra total destas probas superaría o millón desde o inicio da pandemia, xa que a última vez que o Goberno informou o seu número foi hai semana e media. O ministro de Sanidade, Salvador Illa, indicou entón que os hospitais españois realizaran 930.000 tests ata o 13 de abril. Varias comunidades autónomas indican cada día o total de PCR desenvolvidos, pero o balance diario de Sanidade segue sen reflectir o total de probas. Segundo o rexistro que ofrecen as consellerías de sanidade de cada comunidade e datos recompilados pola Fundación Civio, Madrid e Cataluña son os territorios que máis probas realizaron, con 200.000 e 137.787 PCR cada unha. Ambas as comunidades foron os dous grandes focos do coronavirus en España, agrupando entre as dúas o 53,3 % dos casos detectados. A continuación figuran a Comunidade Valenciana e Galicia, as dúas con máis de 80.000. Por número de habitantes, a comunidade galega é a quinta con maior cantidade de PCR realizados. Nos tres primeiros postos: A Rioxa, Asturias e Cantabria. En último lugar aparece Andalucía, cuxos 52.600 test levados a cabo segundo a súa consellería de Sanidade equivalen a 6 probas por cada mil habitantes.

Ese incremento no número de PCR traduciuse en Galicia nun aumento dos contaxios detectados. A comunidade experimentou este sábado o segundo maior crecemento de positivos, un 2,1 %, alcanzando os 9.116 casos en total. O mesmo sucedeu no País Vasco, onde se detectaron 485 novos positivos, un 4,1 %. Con 70.760 PCR, a comunidade vasca é cuarta en test por habitante: 32 por cada mil presentas. O maior volume de probas permitirá coñecer a expansión real do virus na comunidade e, así, planear unha folla de ruta para a desescalada. Un dos argumentos para iniciar ese progresivo desconfinamiento en Galicia recóllese en la taxa de letalidade do virus, a máis baixa do país, e na porcentaxe de hospitalizados que faleceron. Tras Asturias, Galicia é a comunidade coa menor taxa, un 14,25 %.

NOA VARELA VARELA
1ºB / nº18
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-04-2020 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal