Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«Nos Peares hai que usar o sentido común e non as fronteiras»
As restricións de mobilidade entre provincias durante a desescalada que todos os españois terán que afrontar nas próximas semanas ven case como un exotismo nos Peares. Non é para menos, xa que os seus 180 veciños teñen as súas casas en ata catro concellos distintos (A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Carballedo e Pantón) de dúas provincias diferentes (Ourense e Lugo). A diario, habitantes censados no concello lucense de Carballedo realizan un pequeno percorrido a pé ou en coche para cruzar o río Búbal e ir comprar o pan ou a recoller os seus medicamentos na farmacia que se atopa no municipio ourensán da Peroxa. Tamén para ir ao centro de saúde do consorcio local, que nos últimos anos tratou de dar forma e normalidade ao labirinto administrativo desta poboación.Levada ao pé da letra a instrución do Goberno pola que se prohibe a mobilidade entre provincias ata, como mínimo, finais de xuño, Arturo Pérez quedaría sen a metade dos seus clientes. El está desde fai sete anos detrás do mostrador dunha tenda que fornece aos veciños dos Peares e das zonas limítrofes. «Vendo máis que nunca, porque a xente xa non se despraza ata a cidade de Ourense para comprar nas grandes superficies», explica. O alcalde da Peroxa, Manuel Seoane, andaba este martes de xestións administrativas polos Peares e restaba complexidade á inminente desescalada: «Aquí non temos coñecemento de ningún caso de coronavirus. Os veciños das dúas provincias están na mesma situación de normalidade con respecto á incidencia do covid-19 e, por tanto, teñen que volver ás súas rutinas ao mesmo tempo. Nos Peares hai que aplicar o sentido común e non pensar en fronteiras provinciais».¿E si a desescalada realizásese por áreas sanitarias tal e como pide a Xunta? O sudoku tería unha resolución aparentemente máis sinxela. Os veciños acoden ao centro de saúde do consorcio local e a gran maioría das cartillas sanitarias teñen como centro de referencia asignado o hospital universitario de Ourense. E é que, independentemente de en que provincia estea a súa casa, os habitantes dos Peares teñen á provincia ourensá como referente en cuestións sanitarias como o Punto de Atención Continuada (PAC) ou en asuntos domésticos, como é o caso das liñas de telefonía fixa.

Raquel González Castro 1B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-04-2020 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal