Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

E que Deus nos pille confesados!
Boas amigXs.
Agora mesmo estou a escoitar os berros das cuadrigas de raparigos que enchen o Campus Universitario e un arrepío recórreme o corpo. 43 días confinada con todas as súas consecuencias, para tremer pensando en que a posibilidade dunha marcha atrás en 3 ou 4 días, o que tarda o virus en manifestarse ante unha posible infestación, é máis que real. E iso si que acabaría coa moral de miles de persoas, case que, polo visto e segundo as cifras que se barallan, 5 millóns de persoas, porque as previsións do Goberno son que a partir do 2 de maio poderase saír facer deporte, en horario restrinxido, e pasear. Pero todo se coa saída á rúa dos máis cativos e non tan cativos, ata 14 anos adolescentes, non da ao traste con esta posibilidade.
Agora claro, isto é como aquel que non apaña as merdas do can na rúa. A culpa non é do pobre animal, el soamente fai o que ten que facer por natureza e perentoria necesidade, é do dono. Pois isto igual. A culpa será dos pais dos cativos que son os responsables de que o seu ou os seus nenos e nenas cumpran coas regras para poder saír á rúa (distanciamento, nada de parques públicos, nada de abrazos e xogar cos amigos...)
Os nenos levan moito tempo pechados e poden aparecer síntomas de cansazo, inquietude ou ansiedade. As emocións fanse máis intensas a estas alturas e comeza a facerse máis difícil aguantalos dentro da casa. Os adultos teñen que facer un esforzo extra para resolver os momentos nos que se presentan estas emocións nos cativos e por encima, os pais tampouco é que estean precisamente no seu mellor momento, moitos deles traballan na casa, o que non favorece para nada a convivencia. Así que, o feito de poder saír un pouco, sempre de maneira responsable e supervisada, supón un alivio para todos e así poder levar mellor a situación. O contrario, sería unha total imprudencia á que despois non ven a nada botarlle a culpa a Fernando Simón ou ao ministro Illa.
Por diante queda un longo camiño cheo de preguntas e incerteza e dos nosos feitos depende a evolución da pandemia. Tomar decisións neste contexto, independentemente das ideoloxías, non resulta doado, nin para este Goberno nin para calquera outro, e no que a nós respecta, debemos actuar con responsabilidade para salvagardar non soamente a nosa saúde senón tamén a de todos os que nos rodean. O confinamento está dando resultado e aínda temos e teremos durante moito tempo que manter o distanciamento social, reducir a mobilidade e tomar esas medidas de prevención e hixiene que tanto e tanto nos insisten desde os medios sanitarios, lavarse as mans. O coronavirus modifica, modificou e modificará os nosos hábitos de vida. Está claro que isto supón a fin para a vida que estabamos acostumados a levar e unha nova realidade á que vamos ter que adecuarnos pouco a pouco e con moito sentidiño para que non quedarnos soamente no intento.
Vémonos para a semana vindeira á espera de boas novas. Esperemos que non nos teñamos que arrepentir do día de hoxe e dos vindeiros.




Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2020 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal