Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Actualidade en Ourense
Ourense cade dez días contabilizando as mortes e un total de 31 persoas que foron detectadas con coronavirus e perderon a vida na provincia. Onte, o rexistro sumou outras seis vítimas.

Fontes sanitarias indicaron que tres persoas faleceron no Complexo Hospitalario de Ourense e outras tres no distrito de Valdeorras. Na capital, faleceu unha muller de 96 anos con patoloxías previas, un home de 85 anos e outro de 54 anos, sendo a vítima máis nova da provincia ata o momento. No hospital valdeorrés morreron dúas mulleres de 90 e 82 anos con patoloxías previas, así como un home de 84 anos.

Os 31 falecidos rexistráronse tras un novo aumento de casos detectados con 37 positivos, chegando a 691 casos activos.

O total dos infectados por Covid-19 é de 756, dos cales 26 afectados foron dados de alta, tanto en hospital coma en corentena domiciliaria. O caso máis sorprendente é o de Estrella Almeida, unha veciña de Celanova de 98 anos, que superou o virus e xa estase recuperando en Baños de Molgas.




Martín Álvarez Abeijón
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 05-04-2020 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal