Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A PROGRESIVA MORTE DA GRAN BARREIRA DE CORAL
É o maior arrecife de coral do mundo e está situado no mar de coral, fronte á costa de Queensland, no nordeste de Australia. Esténdese uns 2600 quilómetros e pódese ver dende o espazo.
Considérase que comeza no sur de Nova Guinea e continúa cara ao sueste. Tampouco é unha liña de arrecifes continua, pero está formada por máis de 2000 arrecifes individuais e case 1000 illas.

Mais por desgraza actualmete A gran barrera de Australia está morrendo. Hai xa anos, o arrecife sufriu un forte branqueamento causado pola subida da temperatura do mar que pon fin á vida dos corais.
Un informe encargado polo goberno australiano dixo que o estado no que se atopa a Gran Barrera converteuse en "moi pobre".
Outro informe da Autoridade do Parque Mariño advirte de que o estado dos arrecifes se deteriorou provocando unha perda e unha degradación xeneralizada do hábitat que afecta a todo o mundo submarino.

Advirte de que a complicada situación non mellorará a menos que haxa medidas urxentes nacionais e globais para facer fronte á crise climática.
O informe afirma que o aumento da temperatura do mar e as ondas de calor, que provocaron un branqueamento masivo de coral nos dous terzos do norte do arrecife en 2016 e 2017, son os riscos máis inmediatos.




Paula Trabazos Vidal
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2020 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal