Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O turismo volve (con contagotas) á Gran Muralla Chinesa
A sección de Badaling, a máis popular entre os turistas, reabre tras dous meses; pero con visitas limitadas ao 30% do volume habitual.
A reapertura dunha sección da Gran Muralla Chinesa ao turismo é unha metáfora de como o xigantesco país asiático está a dominar a expansión do coronavirus.
O tramo de Badaling consiste nun carreiro amurallado de 3,7 quilómetros que se atopa nun excelente estado de conservación (grazas a que foi restaurado na década dos ‘50), onde se levantan 19 torres de defensa.
Este forma parte dun sector máis amplo, de 12 quilómetros, que foi construído pola dinastía Ming no século XVI.
O sector de Badaling é un dos tramos máis populares do turismo, que chegou a recibir entre 65.000 e 70.000 visitas diarias ata hai poucos meses.
Coa expansión do coronavirus as autoridades ordenaron o seu peche o 25 de xaneiro, e agora, dous meses despois, reabre as súas portas. Pero con condicións.As visitas limitaranse ao 30% do volume habitual. As entradas (que custan uns cinco euros) poderanse adquirir só por adiantado na súa web.
No acceso serán controladas cun código QR vinculado co seu documento de identidade, que indicará o seu estado de saúde. Se é ‘verde’, poden entrar. Logo, todos os visitantes deberán portar máscaras e manter unha distancia de polo menos un metro entre eles.
A pesar da reapertura desta sección da muralla, o museo de Badaling dedicado a esta obra de enxeñería militar e o funicular que leva aos visitantes si seguirán pechados.
Isto forma parte da estratexia das autoridades chinesas de reabrir as súas portas ao turismo pero por agora só en espazos abertos, como xardíns e parques públicos. Sitios emblemáticos como a Cidade Prohibida de Pequín ou o parque de Disneylandia en Shanghái aínda permanecen pechados.




Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2020 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal