Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Retárdanse mortes e contaxios: os falecementos baixan a 674
O Ministerio de Sanidade confirmou este domingo un total de 12.418 mortos por coronavirus tras sumar outros 674 falecidos nas últimas 24 horas, un 5,7 % máis, nas que se contabilizaron ademais 6.023 novos contaxiados, que xa alcanzan a cifra de 130.759 despois de incrementarse a cifra nun 4,8 %.

Estas cifras mostran unha nova retardación dos incrementos de novos casos confirmados e de falecementos, que crecen pero a un ritmo menor que en xornadas anteriores.

Un total de 6.861 pacientes están ingresados en unidades de coidados intensivos (UCI), 329 máis (un 5 % superior ao día anterior). Este dato constitúe un repunte en comparación coas cifras rexistradas o sábado, cando o incremento foi dun tímido 1,8 % tras ingresar 116 pacientes en unidades de coidados intensivos.

Os datos de pacientes en UCI non son uniformes, xa que unhas comunidades autónomas reflicten os acumulados ata o día da notificación e outras sinalan casos que había na tarde precedente.

Por iso, Sanidade especifica no cadro por comunidades autónomas do seu balance diario os "datos de prevalencia (persoas en UCI a día de hoxe)" e non reflicten o total de persoas que foron ingresadas en UCI ao longo do período de notificación.

Son xa 38.080 os pacientes dados de alta, o que supón case o 30 % do total dos casos. Eses 38.080 novos curados son un 11,3 % máis que os do día anterior, despois de recibir o alta outras 3.861 persoas, segundo os últimos datos facilitados polo departamento que dirixe Salvador Illa.

A porcentaxe de falecementos creceu un 5,7 %, un incremento menor que o do día precedente, que foi do 7,3 %.

Tamén cede un pouco o crecemento de novos contaxiados, que se sitúa na 4,8 % fronte ao 5,9 % do día anterior.

A Comunidad de Madrid continúa este domingo á cabeza dos contaxios, con 37,584, e ten 1.499 ingresos en UCI, 4.941 falecidos e 16.543 curados; séguelle Cataluña con 26.032 infectados, 2.249 enfermos en UCI, 2.637 mortos e 9.528 persoas que lograron superar o coronavirus.

En terceiro lugar está Castela-A Mancha con 10.031 contaxios, 357 persoas en unidades de coidados intensivos, 1.055 falecidos e 1.149 curados; e en cuarto, Castela e León, con 8.749 persoas contaxiadas, 351 en UCI, 847 mortas e 2.331 curadas.

Iván Abad Álvarez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-04-2020 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal