Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

En só cinco anos dous mil núcleos de poboación quedáronse sen vecinos.

Galicia perde poboación a pasos axigantados, e non só redúcese o número de habitantes en conxunto senón que rexistra unha situación moito máis grave: a desaparición de todos os veciños dunha aldea. Agora mesmo na comunidade hai uns 3.677 núcleos de poboación baleiros. Isto supón máis do dobre do que había fai cinco anos, cando se contabilizaron 1.561 aldeas e pequenas agrupacións de casas nesa situación, unhas 2.000 menos que agora. Os números dados a coñecer sitúan o despoboamento en porcentaxes importantes, xa que roza o 10 %: en Galicia hai 30.769 lugares diferenciados (desde casas illadas a barrios de cidades), con 3.677 aldeas baleiras: en case 1 de cada 10 núcleos de poboación non vive xa ninguén.
En cifras absolutas, a situación é moito máis preocupante na provincia da Coruña que, por exemplo, na de Ourense, aínda que en conxunto viven moitos máis veciños na zona norte que na provincia de interior. Pero si en Ourense hai 333 núcleos de poboación deshabitados, na Coruña son 1.256. Isto explícase, en parte, porque a repartición da poboación en Ourense está lixeiramente máis concentrado que noutras partes de Galicia, posiblemente porque ao longo da historia as condicións foron máis complicadas para vivir illados.

Adrián Osorio
2° Bach
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 31-03-2020 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal