Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os médicos xubilados de Ourense, ao teléfono: «Estamos ilusionados e con ganas de botar unha man»
Facultativos de áreas como Pediatría ou Traumatoloxía aliviarán a carga de chamadas que chega a diario ao CHUO
En Ourense, os médicos de onte e tamén os de mañá xa deron un paso adiante para poñerse ao dispor do CHUO. Desde hai varios días, e por intermediación do Colexio Oficial de Médicos da provincia, facultativos xubilados e mozos que realizaron o mir pero non teñen praza ofreceron os seus servizos para osixenar a carga de traballo do Hospital Universitario, mesmo na atención telefónica. Pepe Quiroga, portavoz dos máis veteranos, chancea con que, durante os últimos días, o seu único traxecto diario vai desde a súa casa a un supermercado na rúa Valle Inclán. Pero algo lle arde por dentro. O venres día 13, o presidente do Colexio de Médicos, José Luis Jiménez, suxeriu nunha reunión co xerente da área sanitaria, Félix Rubial, a creación dun grupo de axuda para solucionar dúbidas ou consultas sobre o coronavirus. «E empezamos a mover a idea nun grupo de WhatsApp de médicos xubilados», di Quiroga.
De inicio, sopesouse a posibilidade de que, desde os seus domicilios, ao redor de 35 deles cubrisen as quendas de mañá e tarde recibindo chamadas para resolver aos pacientes as súas dúbidas coa patoloxía. En todo caso, para dirixir o tiro, non para efectuar diagnósticos. «Entre nós hai médicos de familia, que son a primeira defensa de todo o sistema, pero tamén moitos hospitalarios, traumatólogos, pediatras e internistas. E todos con ganas de axudar», engade Quiroga. Tras este proxecto en borrador, quedaron a expensas dunha comunicación desde a residencia para recibir as instrucións máis mecánicas do proceso. «Sabemos que, en moitos casos, chegarían chamadas de preocupación sen un fondo clínico real, pero a nosa disposición é axudar», indica o facultativo.
O luns da semana pasada, a media mañá, recibiron unha notificación de que a Xunta contratara a preto de 100 persoas para un call center, polo que non requirían inicialmente a súa participación, pero a situación cambiou este martes: «Ofertáronnos, ante a avalancha de chamadas que teñen, que désemos un apoio. Anotámonos 30 e dividirémonos en grupos de cinco pola mañá e tarde cunha semana de probas e variacións».

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-03-2020 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal