Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un ferido grave no terceiro tiroteo que se rexistra en Arousa en dous meses
A vítima apareceu ensanguentada no exterior dun bar e a policía buscaba onte á noite ao autor dos disparos.


O suceso ocorrido o venres a medianoite ás portas do bar Champurro, en Aralde (Vilagarcía), está rodeado de misterio. No lugar dos feitos ninguén parecía saber nada onte ao mediodía, aínda que o asunto estaba en boca de toda a aldea. O protagonista é D. S., un veciño do lugar de Vista Real (Vilanova) que rolda a trintena e onte pola tarde permanecía ingresado no Hospital Clínico de Santiago, grave, aínda que presentaba unha evolución favorable.O individuo apareceu esborrallado no aparcadoiro do bar, bañado en sangue, como consecuencia de, polo menos, un disparo. Segundo o relato que ofreceron á Policía Nacional as persoas que a esa hora estaban no local, oíuse un tiro e, acto seguido, alguén deu aviso aos servizos de emerxencias para que acudisen ao lugar. Para entón, o autor do disparo desaparecera ao volante dun coche. A Policía Nacional seguíao buscando onte á noite.


Alba Millán Borrajo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2020 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal