Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A diáspora galega rompe o mito de que como en Galicia non se vive en ningún lado
Emigrantes enquisados por La Voz admiten que no estranxeiro teñen mellor calidade de vida.


«Para os galegos, Galicia sen igual» é unha resposta que comparten unha gran parte dos 300 enquisados por La Voz a través do portal Global Galicia, coa finalidade de realizar unha medición sobre a calidade de vida dos galegos que viven no estranxeiro. Con todo, o 86 % dos entrevistados, que residen en 54 países distintos, admiten que o salario que perciben permítelles levar unha vida mellor á que poderían optar en Galicia. Máis da metade de galegos emigrantes que participaron nesta sondaxe, o 58%, presumen de ter unha mellor conciliación nos seus países de destino e o 46.5% admite que o transporte é mellor e máis respectuoso co medio ambiente. Os datos contrastan co sentimento de morriña que admiten sentir a maior parte dos enquisados.


Juan García Ocampo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2020 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal