Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O DEPORTE NA CASA MELLORA O TEU ESTADO DE BENESTAR
Como cada día, desde que se decretou o estado de alarma, toca estar na casa. Pero sexa cal for o motivo, deste confinamento, debes saber que podes facer deporte aínda que teñas que quedar no teu fogar, así que non debe preocuparche. Cun pouco de espazo na casa (quita algún moble da sala ) podes, sen dúbida, facer a túa táboa de exercicios coma se te atopases no teu ximnasio. Ademais, despois dunha tempada precticando deporte na casa, igual podes desapuntarte do ximnasio e aforrar uns cartiños. Agora tes moito tempo libre, para contestar os e-mails atrasados,para falar por Whatssapp cos teus amigos, pasar tempo en familia, ver esa película que nunca tiveches tempo, leer aquel libro que tes pendente...pero ademais terás tempo para a túa táboa de exercicios.
Para empezar, non precisas nada especial, se non tes unha esterilla, non pasa nada, proba cunha alfombra e aparta os mobles que poidan molestarche. Se non tes seguridade suficiente para facer unha táboa de exercicios para adestrar pola túa conta , hai multitude de titoriais que poderán axudarche. Descubrirás todo tipo de exercicios para fortalecer as pernas, os abdominais ou mellorar a potencia muscular; e todo isto simplemente co que tes en casa (unhas botellas de auga , unha cadeira , unha alfombra , un balón ...) será suficiente para poñerte en forma.
Lembra que o exercicio diario é bo, non só para manternos en forma e perder peso, senón que tamén é bo polos beneficios a nivel psicolóxico que nos aporta, xa que favorece a produción de endorfinas, que nestes momentos seguramente están en niveis máis baixos do habitual. Así que xa sabedes , é bo facer deporte diariamente de forma moderada; e aínda que a algúns vos poidan pensar que é esaxerado, os beneficios son apreciables segundo van pasando os días. O deporte na nosa rutina do día a día, sempre está relacionado coa boa saúde, tanto física como mental, que é o que agora necesitamos para superar este confinamento temporal.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2020 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal