Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estreos “online”
Carentes de unidade no sector cinematográfico os movementos que se anunciaban para intentar lanzar un cartel virtual non se concretaron. Segundo algunhas voces da industria, debido á resistencia dunha cadea de cines, esperan que sexa o Ministerio de Cultura quen, cun cambio lexislativo temporal, promocione e axude á industria. Mentres tanto, algunhas distribuidoras comezaron a tomar películas directamente en internet para non abandonar o mercado.

Este experimento xa se levou a cabo en España en ocasións anteriores, con resultados decepcionantes. Mesmo houbo plataformas que patrocinaban sesións virtuais con horarios como unha sala física, que non acabaron de atopar á súa audiencia. Agora Acontracorriente e Avalon decidiron amosar as súas películas en Internet sen pasar polos cines. Universal, Sony, Disney e Warner tamén anunciaron lanzamentos rápidos de alugar en internet de películas que estaban en salas ou acaban de retirarse das pantallas.

Pero Acontracorriente anunciou o movemento máis contundente. A través da plataforma salavirtualdecine.com e nos lanzamentos que tamén se poden ver en Movistar +, Vodafone e Rakuten.tv. O primeiro título será o documental A paixón na arte, que forma parte do seu programa dedicado películas sobre a morte e resurrección de Cristo na pintura e na escultura. Posteriormente chegaran os “pratos fortes”; Vivarium, de Lorcan Finnegan, A alegría das pequenas cousas, de Daniele Luchetti, Os profesores de Saint-Denis, de Mehdi e Grand Corps Malade. Máis a distribuidora Avalon anunciou que a nova película de Xavier Dolan, Matthias & Maxime, estará dispoñible para alugar na plataforma Filmin durante 48 horas a partir deste venres.

Medidas temporais para animar ao público a seguir consumindo estrenos. Outros posibles movementos dependerán dos cambios que o ICAA acorde coa industria, especialmente coas salas.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2020 18:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal