Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Confirmada a cura do VIH nun paciente tras máis de dous anos sen medicación nin rebote viral
Un paciente de Londres converteuse no segundo caso en curarse do VIH, que continúa indetectable en sangue, líquido cerebro- espinal, tecido intestinal e seme tras 29 meses despois da interrupción do tratamento, segundo un estudo coordinado polo Instituto de Investigación da Sida IrsiCaixa e o University Medical Center de Utrecht (Holanda).
A revista ' The Lancet HIV' publicou o estudo que presenta o terceiro caso de remisión a longo prazo do VIH despois dun transplante de medula ósea: un paciente de Düsseldorf (Alemaña) que leva 14 meses sen virus en ausencia de medicación antirretroviral.
Os investigadores diferencian os conceptos de 'cura' e 'remisión a longo prazo' en función do tempo transcorrido sen rebote viral desde a interrupción da medicación, polo que cando se publicou inicialmente o caso de Londres insistiuse en non falar de curación.
As análises do caso de Londres detectan niveis moi baixos de xenoma de VIH en tecidos linfoides, pero trátase de material xenético defectuoso que non ten capacidade replicativa e, por tanto, non é infeccioso.
O estudo detalla que cando as persoas con infección polo VIH interrompen o tratamento, o virus rebota ao longo do primeiras catro semanas. Estes tres casos sen rebote débense a que as células do doante son resistentes ao virus e, a medida que van substituíndo as células do receptor tras o transplante, diminúen as posibilidades de infección para o virus, que acaba desaparecendo.
O investigador do IrsiCaixa Javier Martínez-Picado recoñeceu a pesar dos resultados conseguidos que aínda quedan certas barreiras por derrubar antes de que a edición xenética poida ser utilizada como estratexia de cura escalable para toda a poboación".



Marta Rodríguez Conde
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2020 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal