Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Globos, bingo e ovacións na divertida corentena da praza do Comercio da Coruña
Máis de 40 veciños organizáronse a través dun grupo de whatsapp para amenizarse a corentena a base de xogos comunitarios e decoración da rúa

A corentena pódese levar de moitas maneiras e con moitos estados de ánimo pero na praza do Comercio da Coruña non hai espazo nin para o aburrimento nin para a rutina xa que os seus veciños han dedidido facer do confinamento unha festa conxunta onde non faltan os globos, as grilandas, os aplausos e as ovacións. Actualmente os balcóns e edificios desta praza coruñesa, moi próxima á rolda de Nelle e a avenida das Conchiñas, están totalmente cubertos por globos de cores que arroxan un pouco de luz á situación complicada derivada da crise sanitaria do coronavirus.

O lecer no barrio tamén é importante e os veciños, que forman unha comunidade moi activa, contribúen a fomentalo facendo bingo comunitario ás 21:30 horas entre balcóns, o "Vexo, vexo" as fins de semana e non faltan tampouco as cancións infantís. A solidariedade tamén vai da man destes coruñeses, que non fallan diariamente ás súas citas das 20:00 e as 23:30 horas, é dicir, o aplauso de rigor aos sanitarios e a ovación aos traballadores que cos seus camións recollen o lixo da cidade herculina cada noite.

"Para poñer os globos non houbo contacto entre veciños, unha muller do barrio que tiña caixas no seu rocho deixóunolos nos portais e empezamos a decorar as nosas xanelas con cadeas de globos de moitas cores. Creamos un grupo de whatsapp no que somos máis de 40 veciños e facemos retos con vídeos e vémonos desde as xanelas porque estamos moi unidos e para entreter aos nenos e as persoas maiores nestes momentos complicados", conta Cristina, unha veciña da zona.

Sen dúbida, a corentena está a sacar o mellor de cada un xa que non faltan as iniciativas solidarias nos balcóns de todos os barrios da Coruña, como os artistas amateurs que amenizan o día aos seus veciños tocando instrumentos ou cantando ou aqueles que non queren deixar que os aniversario se volvan algo triste durante o confinamento e contribúen a que os afortunados non queden sen canción nin celebración, aínda que sexa desde a xanela.



Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 29-03-2020 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal