Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O coronavirus castiga ás vilas
Ourense pecha a primeira semana de confinamientou cun escenario que era difícil de imaxinar fai tan só dúas semanas, cando se coñecía o primeiro caso. Dúas vítimas e case un centenar de contaxiados son os últimos datos oficiais que facilitou o Sergas. A segunda falecida é unha veciña de Xinzo de Limia, de 90 anos, e que tiña patoloxías previas. Estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) cando o COVI-19 gañoulle a batalla. A primeira vítima fue tamén unha muller. Tratábase dunha usuaria da residencia de maiores San Carlos, en Celanova, onde o domingo se confirmou un brote de coronavirus, ao ter constancia xa de 25 contaxios (máis información na páxina 6 da sección A fondo).

As vilas ourensás son, xa que logo, as que ata agora rexistraron os casos máis graves, cebándose no colectivo máis vulnerable ante esta pandemia: os maiores. Os últimos datos facilitados polo Sergas apuntan que a curva de casos está en pleno crecemento tamén en Ourense e que pasará a centena ao comezo da semana. A última cifra é de 94 casos activos. Trátase de 21 contaxios máis que o día anterior. Desa cifra, 73 permanecen en seguimento domiciliario e 21 están ingresados. No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) hai 17 persoas en plantas. No Hospital de Valdeorras teñen a dous ingresados sen gravidade.

Ante o avance da pandemia na provincia, os concellos aumentan a desinfección. En Xinzo de Limia, os agricultores participarán cos seus tractores na limpeza de rúas da vila. Pola súa banda, a área sanitaria asegura que coordina todos os recursos para reducir o impacto do COVID-19 nas persoas máis vulnerables. Considera que os médicos de atención primaria serán claves para atender aos usuarios de centros de maiores.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-03-2020 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal