Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A residencia de anciáns de Celanova suma xa 24 positivos, con 13 residentes contaxiados
O centro, onde morreu unha usuaria de 93 anos, asegura estar á espera de novas decisións sobre o futuro dos internos. A residencia de anciáns San Carlos, en Celanova, converteuse no principal foco activo de contaxiados de coronavirus na provincia de Ourense. Segundo os datos achegados pola propia dirección do centro a través das súas redes sociais, nas últimas horas tiveron coñecemento de 24 positivos, trece deles de residentes e once máis entre o persoal que atende aos maiores. Desde o centro asegúrase que están pendentes de novas decisións que se acheguen desde a Consellería de Política Social e do Sergas, así como de que se coñezan novos resultados de probas pendentes. "Grazas a todas as persoas que nos apoian desde casa e que seguen loitando para que isto non se siga expandindo", explica a residencia ourensá. O pasado venres unha usuaria do centro, con 93 anos, se convirtía na primeira vítima mortal rexistrada na provincia de Ourense. Tiña patoloxías previas e ingresara un día antes no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), onde finalmente perdía a vida. Segundo a actualización remitida pola Xunta no mediodía do sábado, o número de contaxios na provincia de Ourense situábase en 74 persoas.


Raquel González Castro 1B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-03-2020 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal