Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

El Hoyo
Boas.
Pois aquí seguimos e semella que vai para longo...
Deus grazas que aínda nos queda algún pracer e rebuscando para ver que ofrecían na televisión que non fose COVID-19, políticos perdidos, mortos, infectados, contaxios, científicos e sanitarios ao bordo dun ataque de nervios… atopei unha película que mesmamente semella que o seu creador imaxinase a España do peche nestes tempos:
El Hoyo.
De Galder Gaztelu-Urrutia, con reminiscencias a Cube, Ex-Machine e Saw, ou á impresionante obra de Buero Vallejo, “La Fundación”, trátase dunha película española no que unha chea de persoas se atopan confinadas, pechadas, encarceradas... nun lugar indeterminado, en celas verticais, observando como os presos das celas superiores son alimentados mentres os de abaixo comen o que lles sobra aos de arriba e así sucesivamente ata case o infinito.
Entremedias, obras mestras da nosa literatura universal, “El Quijote” e nenas que a saber se realmente existen ou existiron... Quen controla todo o sistema, a Administración, nin boa nin mala, simplemente a Administración, formada por seres humanos que teñen ante si a oportunidade de ser virtuosos.
A cuestión final, a loita pola supervivencia. Unha xungla onde só existen tres tipos de persoas nesta “escaleira social”: os que están arriba, os que están abaixo e os que non soportan a súa situación, independentemente da que estrato pertenzan, e deciden saltar, incapaces de soportar esa agonía por máis tempo. A diferenza de clases, os límites do ser humano nunha situación extrema ou o egoísmo contra a solidariedade como forma de supervivencia; en definitiva, a loita por sobrevivir.
Iván Massagué dá vida ao seu protagonista que enseguida se dá conta de que se quere sobrevivir no Hoyo, a competencia non funciona, se compites non aguantas, non resistes, estás morto. A clave, compartir, colaborar, unirse aos demais e así, cárgaste o sistema.
Inevitablemente non podo deixar de establecer un paralelismo coa situación actual de crise e “guerra universal” que estamos a vivir provocada polo coronavirus e que puxo en xaque a todos os sistemas políticos e en consecuencia, a todos os sistemas sanitarios e o tempo nolo dirá, sociais.
Recoméndoche que se tes coraxe neste momento e a túa cabeza cho permite, a sigas e penses como reaccionarías ante unha situación semellante. “Que pasaría se te metesen aí dentro, e ves como che cae un morto ao tempo que te salpica de sangue?”.
Seguimos. Véxote para a semana!
Non nos vai dobregar, porque SOMOS OS HERDEIROS DA NOBRE ESTIRPE DE BREOGÁN!



Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2020 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal