Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

NADA É PERMANENTE, NON DECAIAS
Lestes días é inevitable falar do que nos está supoñendo Vivir illados, nunha casa ou un apartamento, só ou con familia. Resulta difícil pasar dunha vida chea de actividades e de ir a contra reloxo , a unha chea de tempo que parece pasar máis lento que nunca; non é unha maldición divina nin un castigo se non unha nova experiencia de vida. E como de cada experiencia que temos que pasar, deberiamos tentar ser capaces de extraer só cousas positivas; así ,o illamento e a soidade non serán tan inútiles. Creo que debemos Aceptar o que nos tocou como un reto do destino ou eliminar do noso vocabulario palabras como “corentena” e “illamento”, hai que tentar mentalizarse para “empezar de cero” e “reiniciar” a vida.
Pensemos que non estamos sos, e para iso están as novas tecnoloxías, que terán un papel importante para que podamos chamar aos nosos pais, amigos, profesores e a xente que foi ou que é “importante” na túa vida. Podemos aproveitar para falar con vellos amigos cos que no día a día non tiñas tempo. E falar, escoitar con todos aqueles que significan algo para nós. Agora temos tempo, debemos aproveitalo para facer ler ese libro, ver esa película ou distraernos en familia. É a ocasión para desenvolver os dotes artísticos que sempre quixemos probar e para as cales nunca tivemos tempo: escribe, debuxa, modela…non teñas medo. Cultiva a túa mente, feixe os deberes, le, aprende unha palabra, dez, vinte verbos. E que non se che esqueza planificar unha dieta e facer algún tipo de actividade física.
E como alguén dixo: se forte, nada é permanente, todo é temporal. Se forte, todo mellorará e cada cousa pasará, chora se tes que facelo, saca o que levas dentro, pero xamais decaias.



Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2020 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal