Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O éxito do I stay at home festival
Rozalén, Alfred García, Manel Navarro, Roi Méndez, Andrés Suárez e David Otero son só algúns dos artistas participantes arredor desta iniciativa que permitiu seguir gozando da cultura musical sen asumir riscos.

O confinamento voluntario ao que chamaron as autoridades españolas para evitar a propagación do coronavirus pareceu ser máis soportable cunha das iniciativas xurdidas debido ao bloqueo de toda a actividade cultural do país.

Trinta músicos españois impulsaron dous festivais de música que se poden seguir a través de aplicacións móbiles: o Quarantine Fest e o I Stay at Home Festival, creados co propósito de ofrecer unha alternativa musical que amenice o paso do tempo.

Do 13 ao 15 de marzo celebrouse o Festival I stay at home, que xurdiu nas redes sociais para "acompañar nestes tempos problemáticos, entreter ao público e concienciar sobre a importancia de quedar na casa".

Rozalén, Andrés Suárez, David Otero, Sofía Ellar, Dani Fernández, Marta Soto, Alfred García, Roi Méndez, Manel Navarro, Funambulista, Marwan e Carlos Sadness son algúns dos artistas que se sumaron a esta iniciativa viral na aplicación de Twitter.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2020 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal