Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha das primeiras galegas curadas do Covid-19: «Dáballe o peito ao meu bebé e non se contaxiou
O día que lle dixeron que tiña o coronavirus, A. estivera co seu bebé en brazos.
Tamén o día anterior, e o anterior do anterior, e o outro, e todos os demais. Ela
ten 27 anos, pide o anonimato para contar a súa historia e é sobriña dos dous
primeiros pacientes diagnosticados de COVID-19 en Vigo. Os seus tíos
viaxaran a Madrid a visitar a uns familiares del, a fin de semana do 22 de
febreiro.
«Non sabemos onde se contaxiou, din que en Madrid, pero ninguén da súa
familia tíñao», asegura. Volveron a Moaña e el foi dúas veces a urxencias esa
semana. O domingo 1 de marzo celebraron unha comida familiar. Eran oito
persoas, o bebé entre eles.
A preocupación familiar creceu. Pero o seu bebé deu negativo. «Estiven con el
en brazos todos os días, deille o peito o día anterior a que me fixesen a proba»,
conta. O leite materno non transmite o coronavirus.
O últimos catorce días non foron fáciles. , a súa tía e o seu primo compartían
casa en Moaña, todos infectados. Un familiar facía a compra, deixáballa na
porta e eles recollíana. Ao saír de Moaña a Garda Civil parounos.
Fixéronse a proba no COVID-auto, que permite tomar a mostra sen baixarse
do vehículo. Ela xa se volveu á súa casa, en Cangas, a estar co seu bebé. «Hai
xente á que todo isto parécelle un chiste, pero non o é. Hai xente que segue
saíndo á rúa, e hai que ser responsable.
A min non me gustaría por nada do mundo que se contaxie máis xente»,
reflexiona. A súa tía, xa curada, permanece co seu fillo, que aínda ten uns días
de illamento por diante.


Alba Millán Borrajo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2020 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0