O exvicepresidente do Goberno valenciano, expresidente de Lles Corts e ex director xeral da Policía Juan Cotino permanece ingresado na UCI do Hospital de Manises (Valencia) por coronavirus, segundo confirmaron a EFE fontes da súa contorna.
O ex alto cargo do PP viaxou a Madrid o pasado 8 de marzo para asistir ao xuízo por unha das pezas do caso Gürtel -os contratos pola visita do papa a Valencia en 2006-, na que se atopa procesado, e permaneceu na cidade polo menos ata o pasado xoves 12, cando declarou.
Segundo as mesmas fontes, Cotino non presentaba síntoma algún durante a súa estancia en Madrid, senón que foi uns días despois cando empezou a sentirse indisposto.
Luis Manuel Fernández Carrasco
1º BACH A
|