Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cando fará efecto o confinamento? Empezará a notarse nun mes

Xa pasou a primeira semana completa desde que o Goberno declarase o estado de
alarma e empezásense a tomar medidas de confinamento da poboación, pero os
efectos positivos na contención do coronavirus seguen sen manifestarse. O sábado
rexistráronse no conxunto de España 4.946 casos novos, que suman xa 24.926 desde o
inicio de epidemia, e elevan a 1.326 os mortos, 324 máis nas últimas 24 horas. Están
hospitalizados 13.282 enfermos, dos que 1.612 atópanse en unidades de coidados
intensivos.
Madrid segue concentrando o groso dos positivos (8.921), das vítimas mortais (804) e
os pacientes graves (767) mentres que en Galicia os catro falecementos de onte
—unha muller de 68 anos e tres homes de 93, 81 e 74 anos ingresados no Chuac—
elevan a 13 as vítimas, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade. Do
total de 721 casos, 154 novos nas últimas 24 horas, 28 permanecen ingresados en uci,
outros 166 están hospitalizados mentres o resto atópanse no seu domicilio con
prescricións dos sanitarios.
Detrás da Comunidad de Madrid, son Cataluña e o País Vasco os que presentan as
cifras máis elevadas, seguidos por Andalucía Castela e León, Castela A Mancha e a
Comunidade Valenciana, aínda que resulta especialmente significativa a evolución da
epidemia en Cataluña durante esta semana de confinamento. Os positivos eran 715 no
momento da declaración do estado de alarma e o último rexistro indica 4.203
contaxiados, chegando a multiplicarse por 15 os falecementos, de 8 a 122. Mesmo hai
outros datos relevantes sobre a extensión dos riscos asociados ao COVID-19, o que
levou ao confinamento de 1.965 axentes dos distintos corpos de policía.
A incidencia acumulada dos últimos 14 días, que reflicte o número de contaxiados por
cada 100.00 habitantes, sitúa a Galicia no 13.º lugar entre as autonomías españolas
con 27,26, moi lonxe dos 165 da Rioxa, os 131 de Madrid ou os 101 de Navarra, que
son as comunidades cos cocientes máis elevadas.


Pedro Fernández Fernández
1º BACH A
Comentarios (2) - Categoría Xeral - Publicado o 22-03-2020 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Este tema de Coronavirus é como ver a contaxio da película, recentemente a vín pel#blgtk08#ispedia e mira, o ser humano é tan malo que quizais isto o converteu en realidade
Comentario por pelispedia (25-03-2020 06:05)
2 https://www.mundorecetas.com/foro-cocina/topic/186003-buenos-d%C3%ADas#blgtk08#-el-desayuno-del-lunes/page/2/tab=comments#comment-3760828 Mirala acá.
Comentario por pelispedia (25-03-2020 06:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal