Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O exército toma Ourense
Xa van tres días de estado de alarma oficial, aínda que moitas persoas non teñen
moi claro iso de non saír de casa, debido a esto hoxe a mañá comenzaron a chegar
os primeiros integrantes do exército e da UME (Unidade Militar de Emerxencias)
para controlar a todas esas persoas que pensan que as restricións non lles afecta. A
partir de hoxe pasearan por toda a cidade e poderán multar a todos aqueles
cidadáns que non demostren que teñen unha causa xustificada para saír a rúa.
Todas as persoas que estén na rúa por mor do traballo deberán levar uns
documentos cedidos pola súa empresa que demostra que o seu traxecto é para ir
ou volver do traballo. Respecto ás persoas que saen a facer a compra ou a
farmacia, os militares poderán pedir mostras como por exemplo o ticket de compra
ou mostrar os productos comprados para afirmar que saíches por mor de compras.
Con esta medida o que se intenta é facer que o coronavirus avance máis
lentamente debido a que non existe contacto entre persoas.

Alejandro Santás
4ºESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-03-2020 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal