Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Residencia San Carlos rexistra 24 novos casos positivos de coronavirus
A Residencia San Carlos de Celanova rexistra 24 novos casos positivos de coronavirus. A entidade deuno a coñecer nun breve comunicado no que informan de que 11 destes pertencen a persoal do centro e os outros 13, a residentes.

"Actualmente estamos pendentes de novas decisións que nos ofrezan a Consellería de Política Social e o Sergas", engaden desde o centro, antes de agradecer a todas aquelas persoas que apoian desde casa e ás que "seguen loitando" para deter a expansión do virus.

Na residencia San Carlos rexistrouse a primeira vítima mortal con coronavirus da provincia de Ourense, o venres. O centro aloxa actualmente a 57 persoas de idade avanzada e conta con varios traballadores.

Iván Abad Álvarez
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-03-2020 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal