Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Trinta alumnos da Purísima de Ourense, atrapados en Malta
Unha trintena de alumnos do colexio A Purísima de Ourense que viaxaron a semana pasada a Malta nun intercambio educativo, e tiñan previsto regresar este sábado, atópanse atrapados no país, que pechou todos os seus aeroportos. Os escolares, de entre 12 e 16 anos, están acompañados de dous profesores e un monitor que son os que se puxeron en contacto coa embaixada de España en Malta e coa empresa que organizou a viaxe para tentar atopar unha solución. Rita Castiñeira, nai dun dos escolares en Malta, explica: «Eles atópanse ben. Os profesores están a facer todo o posible para que se atopen tranquilos». Algúns dos escolares seguen nas casas de familias que os acolleron durante o intercambio e outros tiveron que reacollerse en hoteis, ao decidir algunhas familias acolledoras maltesas non manter o programa. «Os pais temos un grupo de wasap polo que nos imos comunicando para saber como vai a situación. O que nos preocupa non é que estean alí máis días, é que non nos dixo se son 15, un mes ou dous meses», di Castiñeir.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 15-03-2020 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal