Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Okutu e Peleteiro vístense de ouro en Ourense
O marinense proclamouse campión de España de lonxitude e a ribeirense de triplo salto.
Con suspense e no último salto, así gañou o marinense Jean Marie Okutu a medalla de ouro no salto de lonxitude no Campionato de España de atletismo en pista cuberta que desde esta mañá celébrase en Ourense. A de Okutu é a primeira medalla da delegación galega, que aspira a un mínimo de sete metais no certame que se disputa ao longo da fin de semana. Unha alegría para o atletismo galego á que logo se sumou Ana Peleteiro, ao proclamarse campioa de España por quinta vez en triplo salto.

Toda a emoción quedou para o final. Jean Marie mandaba no concurso dun modo sólido cun salto de 7,81 metros, conseguido no cuarto intento, cando comezou a última rolda. E nese sexto e último salto Eusebio Cáceres, o favorito, foise ata os 7,91 metros, converténdose en líder da proba. Pero en marinense replicó no último brinco do concurso cun salto que lle levou ata os 7,93 metros, o seu mellor marca da tempada, para colgarse o ouro e darlle a primeira medalla a Galicia.

Para esta tarde, en clave galega e como finais directas, será a quenda de Ana Peteiro no triplo salto e de Ester Navarrete nos 3.000 metros. Tamén compite Adrián Ben na semifinal dos 800 metros, proba na que conta coa mínima olímpica para Tokio 2020. GLORIA PARA PELETEIROUnas horas máis tarde, foi Ana Peleteiro a que fixo vibrar á afección galega, na disciplina de triplo salto. Cun mellor intento de 13,90 metros, a ribeirense logrou o seu quinto título en pista cuberta. Superou á madrileña de 37 anos Patricia Sarrapio, que se despediu dos campionatos subindo ao podio por decimonovena vez cunha marca de 13,71.
Peleteiro, que este ano ten como gra obxectivo os Xogos Olímpicos de Tokio, quedou a 61 centímetros do rexistro que lle pemitió o pasado ano proclamarse campioa de Europa indoor en Glasgow.

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B

Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-03-2020 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal