Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A cafetería do xardín xaponés explotarase por un canon máis de 68.000 euros ao ano
«Dicían que ía quedar deserto», indicou o alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, tras abrirse as tres propostas presentadas.
A cafetería do xardín xaponés, coñecida popularmente como A Pajarera e que na súa última etapa foi explotada co nome comercial da Central, será explotada por unha empresa que pagará un canon anual ao Concello de Ourense de 68.970 euros. Así se desprende do acto de apertura das proposicións económicas das emprsas que optaban á adjudicaciónd e a xestión da cafetería. As outras dúas candidatas presentaron ofertas por 68.389 euros e por 63.162 euros. O prezo de saída para esta licitación, que tiña o criterio económico como único de valoración, era de algo máis de 51.000 euros. O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, mostrou a súa satisfacción por lograr adxudicar este local municipal e destacou que o novo contrato multiplicará por 100.000 os ingresos que lle reportará ao Concello de Ourense. «Dicían que as condicións eran moi duras. Temos que darnos conta de onde vimos, xa que se estaban cobrando 60 céntimos ao ano cando a abriu o PSOE no 2014. Dicían que ía quedar deserto e para nada», sinalou o rexedor ourensán.
A cafetería pechouse no verán do 2018 despois de que o goberno local ordenase o desafiuzamento administrativo dos anteriores xestores ao entender que se estaba producindo un subarrendamiento do local entre a empresa adxudicataria e a firma A Central, que ten no seu accionariado a María Josefa Caldelas, exparlamanteria do PP e muller do presidente da Deputación de Ourense.


Raquel González Castro
Número 8 1B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-02-2020 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal