Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fallo histórico contra Audasa: deberá devolver as peaxes «abusivos» cobrados en Rande
Audasa actuou de xeito «abusivo» contra os seus clientes durante os 40 meses que duraron as obras de ampliación da ponte de Rande. O Xulgado Mercantil número 1 de Pontevedra ditaminou que a concesionaria da autoestrada AP-9 actuou cunha «práctica abusiva» entre o 27 de febreiro do 2015 e xuño do 2018 ao cobrar as peaxes íntegras aos usuarios do viario a pesar de rexistrarse incidencias no tráfico e non informar da existencia das mesmos aos condutores antes de entrar na autoestrada.

A sentenza, histórica ao non haber un precedente xudicial similar en España, declara nulo o cobro das peaxes feito por Audasa durante 81 incidencias probadas documentalmente, que en total suman 94 horas divididas en tramos desde tres minutos a máis de sete horas. Quen teñan utilizado o viario neses momentos (ver gráfico adxunto) poderán solicitar a devolución das peaxes e o pagamento dos intereses acumulados desde o día de uso da autoestrada, iso si, sempre que a sentenza non sexa recorrida.



Paloma González González 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-02-2020 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal