Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«El desorden que dejas», un « thriller» de Netflix con sinal galego
O centro da Coruña acolle estes días a rodaxe da serie de Carlos Montero, que concluirá en marzo e que xa gravou en Celanova, as termas de Ourense, Cañóns do Sil e Lugo.
Un antigo edificio da céntrica praza de Pontevedra, na Coruña, converteuse no estudio natural onde Netflix grava estes días os capítulos 6, 7 e 8, os últimos, da serie A desorde que deixas, a adaptación da novela do mesmo nome coa que o escritor e guionista celanovés Carlos Montero gañou o premio Primavera. Serven para recrear na ficción o fogar da nai de Raquel , a profesora substituta que chega ao pobo de Novariz para ocupar o posto deixado por outra mestra e que se verá envolvida nunha trama e unha investigación que dá lugar a «unha serie moi contemporánea, moi actual, que reflicte moi ben Galicia, un thriller moi entretido que vai ser un éxito», segundo explica a produtora de Vaca Films, Emma Lustres.

Netflix gravará en Galicia unha serie que adapta a novela «El desorden que dejas»
«O primeiro día en que Raquel chega ao instituto empezan a pasar unha serie de acontecementos que fan que a súa estabilidade mental e emocional cambaléense -conta-. A serie fala do acoso escolar, do bullying que ocorre non só entre os alumnos, senón tamén cos profesores». A actriz, de raíces andaluzas, está a vivir en Galicia desde o outono. A desorde que deixas pasou xa pola Galicia interior, Celanova, as termas de Ourense, Cañóns do Sil e Lugo.

Segundo Emma Lustres, a rodaxe concluirá a mediados de marzo e desenvolverase, ademais de na Coruña, en distintas localizacións de Cambre e Oleiros. «A serie ten un compoñente galego moi importante», afirma Lustres sobre esta produción, que chegará a 190 países e na que ao redor dun 80 % do equipo está formado por profesionais de toda Galicia. Noutra pausa da rodaxe é o actor compostelán Tamar Novas quen fala acerca da serie e do personaxe de Germán. « Germán é a parella de Raquel. »

Valeria Labandeira Reimondez
4 ESO B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2020 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal