Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PAPA MULLER. XOANA.
Boas amigXs:
Hoxe vou directamente ao tema, sen máis enredos. Vouvos falar dun deses temas que nada máis un os escoita, sinte unha irremediable curiosidade. Vou falar da papisa muller. Si, estades escoitando ben: un Papa que foi muller e ademais deu a luz. A cousa foi así: Xoana nace no ano 822, en Alemaña. Filla dun monxe membro dos misioneiros cristiáns, viviu inmersa nun mundo de profunda relixiosidade e nun medio en que o coñecemento cultural era práctica habitual. O que era case unha prohibición naquela época e máis para unha muller. Xoana que era moi intelixente sabía que como muller tiña poucas posibilidades de desenvolverse intelectualmente, polo que decidiu facerse pasar por home.

Así que, para seguir estudando, cambiouse o seu nome por Johannes Anglicus (Xoán o Inglés) e así puido traballar como copista na abadía de Fulda, o que lle permitiu profundar no coñecemento da medicina. Isto permítelle a Xoana viaxar de mosteiro en mosteiro, os únicos lugares onde se gardaba a cultura.

No ano 848, Xoana trasládase a Roma, onde é elixida para dar clases e pronto alcanzará gran fama, sendo recibida no Vaticano polo Papa León IV, que se viu gratamente sorprendido pola súa erudición e colócaa dirixindo a política da Igrexa nos asuntos internacionais, ademais de ser o seu médico particular. En xuño do ano 855 morre o Papa León IV, sendo elixida a Papisa Xoana co nome de Xoán VII. A pesar de facerse pasar por home, tivo unha vida sexual activa e queda embarazada do embaixador de Sajonia no Vaticano, Lamberto. Os longos hábitos unido ao inimaxinable que resultaba pensar nun Papa embarazado, permitiu que ninguén se dese conta de tal feito. Xoana aceptou de mala gana o embarazo, pois íalle complicar o seu labor como Papa.

O problema xorde cando o parto se adianta en dous meses e da a luz cando presidía unha longa procesión polas rúas de Roma (dise que en Roma nunca máis pasou unha procesión por ese lugar). Os bispos, o clero e o pobo romano asistiron alucinados ao parto en plena procesión do Papa. Arrepiados, escandalizados e furiosos os devotos participantes na procesión rodearon ao Papa e lapidárono.

A suplantación de Xoana obrigou á Igrexa a verificar mediante un ritual, a virilidade dos Papas electos. Un eclesiástico estaba encargado de examinar manualmente os atributos sexuais do novo Pontífice a través dunha cadeira perforada. Acabada a inspección, se todo era conforme á lei, debía exclamar “ Duos habet et bene pendentes”, que traducido di “ten dous, e colgan ben”.

Nos séculos XIV e XV, esta Papisa era xa considerada como un personaxe histórico, e ninguén dubidaba da súa existencia. Non obstante este feito silenciouse na historia da Igrexa. O feito de que unha muller fose Papa, é algo moi incómodo para os estamentos eclesiásticos, por iso é polo que o feito dunha muller Papa tentouse ocultar á historia por tódolos medios, ou polo menos poñela en dúbida e falar dunha lenda contra a igrexa.

O feito non ten desperdicio e eu non me vou a meter en “camisas de once varas”. Cada un é libre de pensar o que considere.
Ata a vindeira amigXs.
Ata a cadeira do Papa chegamos!


Clara María Domínguez Iglesias
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2020 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal