Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O LEBRE DAS CASARIZAS: O LEONARDO DA VINCI DA RIBEIRA SACRA
Foi unha auténtica lenda vivinte en toda a comarca. Que durante máis de 50 anos tivo no baixo da casa, a forxa-taller que vai ser o seu centro de operacións. Alí fabrica el mesmo todos os elementos e toda a ferramenta que precisa para o taller (torno motorizado, mandril, esmeril, cilindros, parafusos, torcas, etc.), así como os seus propios apeiros de labranza e os dos veciños. Goberna reloxos, máquinas de coser, vehículos, etc. Sendo rapaz construíu un aparello co que conseguiu voar aínda que soamente un percorrido curto antes de estrelarse, fazaña que se coñeceu na bisbarra e pola que foi entrevistado na TVG, e que serviu para inspirándolle a Chano Piñeiro o excéntrico personaxe de "O Caladiño" interpretado por Roberto casteleiro para a película Sempre Xonxa que representa a Galicia máxica e as súas lendas. Entre os seus inventos fixo unha malladora, a súa máquina de mallar o cereal que reducía moito o tempo e o esforzo do mallado a man. Naqueles anos 50 o lebre empezou a discorrer como axudar aos veciños e montou unha maquina de mallar tirada por vacas que ademais de mallar , sacudía o gran e separábao polo tamaño .Foi pioneira en Galicia, algúns din que tamén en España, xa que son moitos os que comentan que a patente da dá máquina Campeva (feita en Pontedeume) copiárona da máquina do Lebre. Tamén inventou un xerador de electricidade empregando a fonte que tiña no baixo da súa casa na que instalou unha turbina que el mesmo fixo e un verán que houbo restricións de gasolina e non se podían usar as malladoras por falta de combustible, o lebre colleu un motor que tiñan no baixo e adaptouno para funcionar con carburo.
Por todas estas cousas o concello da Peroxa vai habilitar un museo no que se poderán ver moitos dos seus inventos, pertenzas e apuntes que cedeu a familia. Ademais, acabase de publicar un libro sobre a súa vida: “O LEBRE DAS CASARIZAS, UNHA VIDA DE INVENTOS E MAQUINAS” que reflexa a ese campesiño culto e prudente que dicía sempre que a ignorancia é a nai de moitos males, por iso hai que pensar aínda que non se podía pensar.




Jaime Eiriz Castro
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2020 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal