Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Crise no Goberno pola lei de igualdade e reforma do Código Penal
A ministra de igualdade Irene Montero
A futura lei de de libertedade sexual promovida polo Ministerio de Igualdade encabezado por Irene Montero non parece ser do agrado total da coalición do Goberno. Partidaria de reformar o Código Penal, revisar as penas por delitos sexuais, eliminar o término abuso ou incluir como agravantes as agresións en parella. A proposta solápase ao proxecto de ampla reforma do Código Penal encargado polo actual presidente.

Tras enfrentamentos repetidos e unha complicada maña de xoves a lei de liberdade sexual parece dispoñer finalmente do apoio total no Goberno de coalición. Favorecendo por tanto o desenvolvemento dun ambicioso proxecto que está a enviar unha mensaxe de claro compromiso coa igualdade e o 8 de marzo. O acordo de Goberno que firmaron ambos partidos recolle a aprobación dunha lei integral para a protección da libertade sexual, contra a violencia sexual e revisión de delitos asociados.

Non exenta de ser sometida a debate e acompañada de diferenzas entre os integrantes dos grupos da coalición. Atopámonos por tanto co segundo frente aberto no Goberno actual tras a crise pola política de inmigración.



Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº2
0

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-02-2020 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal