Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Noite de nostalxia no Hotel California
The Eagles
Só cinco minutos despois do comezo do concerto, o público levantaba os brazos con xestos triunfantes en recordo da súa mocidade. A lonxitude da guitarra do 'Hotel California' parecía identificarse con vellos soños e aventuras, tamén con medos e decepcións.

The Eagles brindaron á súa audiencia o que o público agardaba da banda de rock máis afamada dos Estados Unidos. Interpretáron a maioría dos seus temas, cunha limpeza cristalina por nota, a precisión dun adicto a ética laboral e un son inmellorable. Todo aconteceu o pasado venres 14, no primeiro dos tres concertos que os Eagles están a ofrecer en Nova York nunha pequena e moi especial xira polos Estados Unidos. Unha revisión exhaustiva do repertorio dos seus sete discos alternando o 'country-folk' con harmonías de rock campero e o clásico 'hard rock'.

Un concerto inspirado nun dos temas centrais do 'Hotel California', un álbum moi ambicioso que se publicou o ano no que se celebrou o 200 aniversario da independencia dos Estados Unidos. As súas letras ambiguas e as súas guitarras panorámicas pretendían captar tanto a mística do "soño americano" como as súas sombras, a perda da inocencia da xeración "hippie" e a tensión entre ilusións e realidade.





Lucía Nieto Cancho
2º de Bacharelato/nº20
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2020 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal