Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia conta xa cun completo protocolo para alumnos con dislexia
Educación e Agadix traballaron nunha guía de detección e actuación para familias e educadores.

Galicia xa ten un protocolo para a atención de estudantes con dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe. Asinárono hoxe a conselleira de Educación, Carmen Pomar, e a presidenta da Asociación Galega de Dislexia ( Agadix), Esther López Carbajales.
Dividido en nove epígrafes, o protocolo marca unha serie de pautas para o equipo docente e as familias. Analiza primeiro as características das dificultades da aprendizaxe para centrar despois no proceso de identificación do estudante. Aquí é interesante a información que ofrece, xa que serve de guía práctica, por exemplo, que o estudante debe mostrar erros fonológicos (non recoñecer os sons constitutivos de as palabras), cambiar a orde das secuencias silábicas ( carceiniro por carniceiro), dificultades para denominar cores e formas, problemas para aprender rimas e cancións, para contar en voz alta, así como para recortar ou usar o punzón, por exemplo.

Toda a información é completa e cientificamente validada, polo que serve de excelente guía para as familias, xa non só para os profesionais. Por exemplo, como indicadores para a familia enuméranse: que en educación infantil descoñezan a partes do corpo e a súa localización, teñan torpeza motora, alternen o uso de mans e pés, falta de atención, atraso no desenvolvemento da linguaxe; que entre os seis e oito anos non distingan entre dereita e esquerda, ou teñan dificultades para aprender o alfabeto ou as táboas de multiplicar; non entender o reloxo, ter falta de planificación ou complicacións para seguir as instrucións orais son signos de alerta entre os menores de 9 a 12 anos; e nos grupos maiores, non lembrar o que acaba de ler, ter dificultades para falar linguas estranxeiras, resultarlles moi complicado seguir instrucións orais ou ter unha escritura desordenada e mesmo ilexible.

No protocolo establécense os pasos para seguir á hora de intervir con estes estudantes (como acordar no centro a elección dos métodos de lectura e escritura, así como a súa temporalidade) e tamén se explica como avaliar aos alumnos nas diferentes etapas (por exemplo, nos exames favorecer as preguntas de resposta sinxela, sen moita elaboración). Non faltan os recursos TIC e ata bibliografía. O protocolo termina con listaxes de indicadores e a súa valoración.



Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-02-2020 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal