Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Despedida ao bateeiro falecido en Ons: «Harri, agora xa estás con nós»

Era previsible que a igrexa da Illa íase quedar pequena para acoller a todos os que quixeron darlle o último adeus a Iván Otero, Harri, o mozo bateeiro que o pasado martes desapareceu tras envorcar a embarcación na que viaxaba e cuxo corpo foi atopado a 20 metros de profundidade. Pero nin sequera a lonxa, onde se optou por celebrar os actos fúnebres, foi suficiente para albergar aos asistentes. O pobo enteiro quixo asistir ao enterro e acompañar os restos mortais de Harri, que percorreron as rúas da localidade aos ombreiros dos seus familiares.


Ás catro da tarde chovía con ganas e sopraba un vento intenso na Illa. Pero, aínda así, os veciños da localidade saíron de casa cunha única dirección: a lonxa. Media hora antes de que chegasen os restos mortais de Harri, o recinto estaba cheo. E os que seguían chegando apiñábanse como podían na entrada. Había silencio absoluto, incluso antes da chegada do féretro, que foi recibido na porta polos seus familiares. Aos ombreiros levárono ao interior da lonxa e aos ombreiros tamén o sacaron. E aínda que cando o funeral terminou o vento e a choiva seguían azoutando, os insulars non renunciaron a acompañar a Harri na súa última viaxe. Uns levaban ramos de flores, outros portaban o féretro. E así percorreron o quilómetro que separa a lonxa do cemiterio. «Harri, agora xa estás connosco, xa está co teu pobo», leu unha dos seus familiares na cerimonia. Tamén deu as grazas a todos os que dalgunha forma colaboraron para que Harri descanse agora na Illa.


Iago Fuentes Aller
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2020 23:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal