Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Concurso “Balbino” de Relatos premiará ao mellor traballo con 1.500 euros e a publicación da obra na convocatoria de 2020

Presentación da 5ª edición do certame na Fundación Neira Vilas, en Gres (Vila de
Cruces)


Xa está aberta a convocatoria para o 5º Concurso “Balbino” de Relatos, que leva o nome do
protagonista da obra máis internacional da literatura galega Memorias dun neno labrego, do
célebre escritor Xosé Neira Vilas.
Este Concurso de Relatos pretende ser un estímulo para todas aquelas persoas que
queiran participar na promoción e difusión de Galicia e da nosa cultura. A presentación
deste certame tivo lugar nas instalacións da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de
Cruces). No acto estiveron presentes os representantes das entidades colaboradoras; o
Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; a deputada de
Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso; o presidente da Fundación Xosé
Neira Vilas, Fernando Redondo; o alcalde do Concello de Boqueixón, Manuel Fernández; o
alcalde do Concello de Silleda, Manuel Cuíña; o tenente de alcalde e concelleiro de Cultura
do Concello de Vila de Cruces, Julio López; e o responsable de Edicións Fervenza, Manuel
Núñez.


Participantes

O Concurso “Balbino” de Relatos, de periodicidade anual, está aberto á participación de
escritores e amantes da escritura, de calquera idade ou nacionalidade, co único requisito de
que o idioma no que estea escrito o orixinal deberá ser en lingua galega e que terán como
motivación temática o rural, o mar e a emigración.


Bases

O prazo estipulado para remitir os escritos finaliza o martes 30 de xuño de 2020 e, ditos
relatos deberán cumprir unha serie de requisitos formais, marcando unha extensión de entre
100.000 e 180.000 caracteres, estar escrito en galego e temática vinculada co rural, o mar
ou a emigración. Ditas bases estarán dispoñibles para a súa consulta na páxina web
concursobalbino.com
A obra gañadora será elixida por un xurado profesional de recoñecido prestixio que darán o
fallo no mes de setembro. O autor do relato premiado recibirá un premio dobre, un cheque
por valor de 1.500 euros e a publicación da obra por Edicións Fervenza.


Edicións anteriores

Na anterior edición do Concurso “Balbino” de Relatos, en 2019, resultou gañadora a obra
“B.S.O. Banda Sonora Orixinal”, de Pablo Nogueira. En 2018 a gañadora foi “Máis alá do río
do esquecemento”, de Ricardo Ferreiro Almeda; e en 2017, “De que falarán as árbores”, de Ricardo Cid Paz; mentres que na primeira edición, en 2016, o premio recaeu en “Camiños
na sombra” de Xián Lois Alcayde Dans.


Beza Rey García
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2020 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal