Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Localizan novos petróglifos en Cervantes
Tres novos achados de petróglifos veñen de sumarse aos 19 grupos
documentados no concello de Cervantes, na comarca dos Ancares, desde
a aparición dos primeiros conxuntos en 2013. Os restos apareceron nesta
ocasión na paraxe coñecida como Río de Auga, situada a 1.310 metros de
altitude, entre os montes do Pico da Legua e o Teso de Acevedo,
pertencentes á parroquia do Pando. Estímase que os vestixios datan da
Idade do Bronce, hai uns 4.000 anos. A descuberta fixérona, como na
maioría dos casos, desde o colectivo Patrimonio dos Ancares, que a
comunicou inmediatamente ao Servizo de Xestión Cultural da Consellaría
de Cultura para que proceda á súa catalogación. Isto implica que se
convertan automaticamente en Ben de Interese Cultural.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2020 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal