Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xesto deportivo do Fabril que levanta a admiración do mundo do fútbol

Con 2-2 e no minuto 94, renuncia a un libre indirecto dentro da área por considerar inxusta a decisión do árbitro


Poucas veces ocorren cousas como a vivida na mañá deste domingo en Abegondo. O Fabril renunciou a disparar un libre indirecto dentro da área, ao considerar que a decisión do árbitro, o vigués Estremadura Hernández, era inxusta. O partido contra o líder Compostela ía 2-2 e era posiblemente a última xogada do encontro.Despois dun partido con intercambio de goles, e os visitantes xogando cun menos pola expulsión do exdeportivista Bicho, outro excanterano branquiazul, Sergio Pereira, atopábase tombado no chan queixándose, dentro da área, despois de sufrir un encontrón. Era o minuto 92. O seu porteiro, Pato Guillén, esperou uns segundos para sacar, ata que se levantase o seu compañeiro, pero #ante a sorpresa de todos o colexiado sinalou libre indirecto dentro da área por perda de tempo.


Alejandro Fernández Blanco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2020 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal