Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os socialistas portugueses impiden o fin das peaxes entre Galicia e O Porto
As peaxes automáticas implantadas fai case dez anos nas autovías de Portugal seguen xerando reclamacións sociais, mobilizacións e debates políticos no país veciño, aínda que sen un resultado práctico que facilite as viaxes dos condutores galegos ao norte do país veciño. Os empresarios do Alto Minho intentaron onte que a Asemblea da República lusa eliminase polo menos os pórticos de cobro da autovía A-28 en Viana do Castelo, petición que os deputados do Bloco de Esquerda, un dos apoios habituais do Goberno do socialista Antonio Costa, asumiron cun engadido para que se fixese extensiva a todo o viario ata O Porto.Pero unha vez máis a formación do Goberno, esta vez o Partido Socialista, como antes o fixo o conservador PSD, rexeitaron alterar a estrutura de peaxes implantada no 2010 polo tamén socialista José Sócrates en todas as autovías ata ese momento gratuítas do país para rebaixar o gasto público en mantemento das súas infraestruturas.


Juan García Ocampo
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-02-2020 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal