Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A falta de persoal ten paradas en Ourense 591 queixas pola plusvalía
As reclamacións por cobros indebidos multiplícanse na capital ourensá.
O IIVTNU (Imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana) está rodeado de polémica desde que unha sentenza do Tribunal Constitucional concluíse que cobralo é ilegal si en realidade a cota a satisfacer é superior ao incremento patrimonial realmente obtido polo contribuínte. Con todo, son os afectados os que deben demostrar que non gañaron coa operación e, nesas circunstancias, as reclamacións acumúlanse nas oficinas do Concello de Ourense. O Concello ten agora sobre a mesa 591 solicitudes de rectificación de autoliquidación.Así aparece reflectido no informe elaborado polo xefe do órgano de Xestión Tributaria en relación aos orzamentos que a corporación municipal está a piques de aprobar definitivamente para o 2020. Segundo di, é necesario resolver esas case 600 reclamacións, «que se encontran en tramitación pola falta de medios persoais suficientes no Servizo de Facenda». Advirte, ademais, que algunhas delas «poden producir a devolución de ingresos indebidos e os correspondentes xuros de mora». Son frecuentes, de feito, os acordos da Junta de Goberno Local para devolver o diñeiro erroneamente cobrado aos contribuíntes. Nunha das súas últimas reunións ese órgano aprobou, por exemplo, o reintegro de máis de 9.000 euros a un dos afectados.

Raquel González Castro
1° B bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-02-2020 22:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal