Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Volvín nacer. Unha volta máis e acababa co coche no fondo do encoro
O trivés Iván A. M. sufriu unha saída de vía e caeu centos de metros por un terraplén, cre que había algo esvaradío no medio da curva e que por iso se saíu da vía e acabou indo centos de metros terraplén abaixo. É a explicación que o trivés Iván A. M., de 21 anos, atopa ao accidente que sufriu este sábado ao fío das 21.30 horas na OU-701 preto do pobo de Reigada, no Concello de Manzaneda. «Din sete ou oito voltas de campana co coche e parei entre pedras e xestas», relata o mozo, que se recupera na súa casa das feridas e do susto. Porque aínda que saíu polo seu propio pé do coche e puido avisar el mesmo ao seu pai e ao 112, ten un corte nun dedo e outra na cara, ademais de varias mazaduras; e está a empezar a notar que as costas se resente. As feridas en principio non son grandes.


Estado en el que quedó el vehículoEstado no que quedou o vehículo CEDIDA O susto vai crecendo, sobre todo desde que este mediodía o seu pai e os seus tíos contáronlle que o coche quedara a apenas 20 metros do encoro do Bao. «Volvín nacer. Se o coche dá unha volta máis chegaba ao terraplén, iba á auga seguro e acababa no fondo do encoro», relata. Saíu polo seu propio pé do coche e consciente puido explicar con bastante detalle onde fora o accidente. Así o destaca o 112 e evidencíao o feito de que aínda lle quedaban uns 15 metros para chegar á estrada cando viu as luces da ambulancia. Tamén se achegaron ata o lugar os efectivos do GES de Castro Caldelas e os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda, ademais do alcalde, Amable Fernández. Eles encargáronse de recuperar as pertenzas que o mozo, que viaxaba só, tiña no coche. Estivo ademais a Garda Civil de Tráfico , que investiga as causas do sinistro.


Aínda segue no lugar o vehículo, que quedou sinistro total. «Esta mañá estivo alí o da grúa, pero non lle chegan os cables para quitalo ata a estrada», relata o mozo.

Paula Vázquez 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-02-2020 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal