Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O CNI destapa unha rede de espionaxe cubana de «alto nivel» en España
A trama sae á luz tras impedir o Goberno a nacionalización de dous axentes castristas.

O Centro Nacional de Intelixencia (CNI) libra unha guerra contra a espionaxe cubana en España desde hai anos. Normalmente, esta batalla de contrainteligencia para neutralizar aos axentes secretos do réxime castrista, aínda que é coñecida en todos os círculos de seguridade do Estado, é silenciosa e silenciada, xa que A Habana e Madrid manteñen relacións diplomáticas plenas e recoñecer sen ambaxes que Cuba espía en España é un asunto moi embarazoso.

Pero o CNI tivo que dar ese paso e revelar publicamente a existencia en territorio nacional dun armazón de espías a soldo do Goberno da illa caribeña. A Casa viuse forzada a ensinar as súas cartas cun bo motivo: era a súa única e última opción para evitar que un matrimonio de axentes castristas conseguisen a nacionalidade española.

Parte dos informes confidenciais dos servizos secretos españois acabaron en senllas sentenzas da Sección Primeira e da Sección Quinta da Sala do Contencioso da Audiencia Nacional dos pasados outubro e novembro. Esas resolucións confirmaron a decisión do Goberno (exactamente da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza) de denegar no 2018 a un matrimonio cubano a nacionalidade, a pesar de ter residencia legal e continuada en España desde o 2012 e carecer de antecedentes legais. Xustiza, que si aceptou nacionalizar á filla menor de ambos, alegou nas súas resolucións denegatorias «motivos de interese nacional» e que os dous demandantes non acreditaran «boa conduta cívica».


Cando a Administración lles denegou a cidadanía, os espías (os seus nomes recóllense nas resolucións xudiciais ás que tivo acceso este xornal, pero non se publican por motivos de confidencialidade) recorreron ante a Audiencia Nacional alegando unha doutrina do Supremo recorrente nos últimos anos: si a Administración considera que ha de denegar a concesión da nacionalidade española por razóns da orde pública ou interese nacional baseándose nun informe clasificado ou reservado, debe dar a coñecer ao demandante, polo menos someramente, os argumentos para negarlle un dereito así e que desta forma o prexudicado poida recorrer a decisión sen indefensión.

Noa Varela Varela/ 1ºB nº18
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-02-2020 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal