Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Galicia que o mar pode alagar
O temporal Gloria avivou o debate sobre os terreos gañados ao mar ou a presión urbanística na costa. A Xunta e Costas identifican 160 quilómetros con risco significativo no litoral galego.
Os graves efectos do temporal Gloria no litoral mediterráneo puxeron sobre a mesa debates que deberían haber ter lugar moito antes, antes de construír paseos marítimos por boa parte do litoral, gañar terreos ao mar ou deixar que a presión urbanística chegase a pé de praia, expondo a distintos perigos á poboación que vive nestas zonas. A pesar de que a configuración do relevo da costa galega é moi diferente á levantina -con máis zonas de cantiis-, tamén é verdade que a capacidade destrutiva do Atlántico é moito maior que a do Mediterráneo.


Tanto a Xunta como Demarcación de Costas levan anos estudando as Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs) por influencia mariña, ademais das que Augas de Galicia delimita nos cursos fluviais de competencia autonómica da demarcación Galicia Costa. A lonxitude do litoral con risco de inundación alcanzaría os 160 quilómetros, nunha primeira avaliación que foi revisada, en moitos casos á alza. A provincia de Pontevedra tería o 46 % destas zonas medidas linealmente, por diante da Coruña (37 %) e Lugo (17 %).

Como marcan as directivas europeas, nun principio estudáronse áreas costeiras -principalmente zonas urbanizadas e poboadas- cun certo risco de inundación mariña. Pero seleccionáronse só as que presentan un risco significativo de cara á elaboración de mapas de risco, onde se sinala o litoral afectado, pero tamén a superficie potencialmente inundable.


Paula Vázquez 1ºB
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2020 23:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal