Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un mariñeiro perde a vida ao caer ao mar en Ons
O patrón do Tucán II, que se lanzou á auga para tratar de salvar ao seu compañeiro,
foi ingresado con hipotermia no Álvaro Cunqueiro.
O mar cobrouse esta mañá unha nova traxedia en Galicia. Un dos tripulantes dun
pequero con base no Grove, o Tucán II, faleceu como consecuencia dun accidente
ocorrido ao norte da illa de Ons. O barco achábase faenando cando a vítima, un
mariñeiro duns cincuenta anos de idade, caeu á auga. Ao decatase do ocorrido, o
patrón da embarcación lanzouse ao mar para tratar de salvar ao seu compañeiro.
Ao parecer, conseguiu collelo e mantelo á boia, pero as condicións meteorolóxicas
impedían que os tripulantes que continuaban a bordo aproximasen o Tucán a
ambos os homes para intentar rescatalos Finalmente, o helicóptero Pesca I do
Servizo de Gardacostas logrou facerse con eles.
Os dous foron trasladados inmediatamente ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo,
onde o patrón do Tucán, vítima dunha hipotermia, permanece ingresado. O seu
compañeiro, en cambio, non puido recuperarse.

Raquel González Castro
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-02-2020 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal