Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Amazon non acudirá ao Mobile World Congress ante o risco do coronavirus, do mesmo xeito que Nvidia, Ericsson e LG

"Debido ao brote e as continuas preocupacións en torno ao novo coronavirus, Amazon retirarase de exhibir e participar no Mobile World Congress 2020, programado do 24 ao 27 de febreiro en Barcelona", comunicou a Efe unha portavoz de Amazon, que non ofreceu máis detalles sobre o proceso que levou ao giante tecnolóxico a tomar esa decisión.

A ausencia de Amazon no MWC, o congreso máis importante do mundo no sector da telefonía móbil, supón un novo revés para a organización do evento despois de que esta semana o xigante estadounidense Nvidia, a multinacional surcoreana LG e a sueca Ericsson anunciasen que non participarán como consecuencia do coronavirus.

A pesar de todo, GSMA, a asociación organizadora do Mobile, asegurou que o congreso se celebrará "segundo o exposto" e que se adoptarán todas as medidas preventivas necesarias para evitar o contaxio do virus.

Colau pediu que non se crease "alarma social"
Nun intento por acougar os ánimos, a alcaldesa de Barcelona, Ada Colau, pediu este sábado que non se fomente a "alarma social" #ante o coronavirus e mostrouse convencida de que o Congreso Mundial de Móbiles "pódese desenvolver con perfecta normalidade".

A pneumonía con orixe en Wuhan (China), causada por un tipo de coronavirus xurdido nesa cidade en decembro pasado, xa deixou polo menos 813 mortos e 37.198 casos só na Chinesa continental, segundo as cifras publicadas este domingo pola Comisión Nacional de Sanidade do país asiático.

En España confirmáronse dous casos de coronavirus: un deles dun cidadán británico que está ingresado nun hospital de Palma de Mallorca, e o outro é un turista alemán que permanece ingresado na illa da Gomera (Canarias).


Luis Manuel Fernández Carrasco
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2020 23:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal