Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha nova iniciativa aposta por mellorar a saúde mental a través das posibilidades do bosque galego
Esta práctica saudable consiste en que as persoas desaceleren o ritmo para deixarse
sorprender polo bosque e se relaxen.


Unha xornada que reuniu a decenas de persoas en Santiago afondou nas "posibilidades"
que ofrece o bosque galego para aumentar o benestar da cidadanía e mellorar a súa saúde
mental.
A Asociación Forestal de Galicia, xunto co Instituto de Baños de Bosque e outras
organizacións prepararon este evento, durante a tarde deste venres, baixo o lema 'Monte e
Saúde'. O obxectivo é trasladar os modelos de aproveitamento do monte --como unha
"práctica saudable"-- que existen noutras comunidades a Galicia.
O director executivo do Instituto de Baños de Bosque, Álex Gesse, explicou en declaracións
a Europa Press que se trata de ofrecer ás persoas unha "práctica saudable, como unha
dieta variada ou facer deporte", a través de paseos polo monte. "Pedimos a esas persoas
que esperten os seus sentidos, desaceleren o ritmo para deixarse sorprender polo bosque"
e "se relaxen".
Gesse destacou que esta técnica vén de Xapón, pero que realmente trátase de actividades
ou métodos que levan toda a vida facéndose. Agora, a meta é "volver ao que as poboacións
urbanas perderon" tanto dende o punto de vista da valorización das paraxes naturais como
a "dinamización do rural".
A premisa da que parte esta organización asume que o feito de que "os propietarios
manteñan un bosque que sexa circulable para as persoas" fará que se poida "aproveitar e
potenciar" de forma social. "Ás veces temos bosques moi agrestes que nunha foto son moi
bonitos, pero que nos xeran ansiedade", por iso preténdese conseguir "bosques fáciles"
para promover "a saúde mental".
"INVESTIMENTO E CREACIÓN DE OPORTUNIDADES"
Esta forma de entender o bosque é a que a Asociación Forestal de Galicia (AFG) quere
trasladar ao rural galego, aínda que o seu presidente, Francisco Fernández de Ana Magán,
aposta por "organizar e dar sentido" ao que xa se está facendo e "encadralo dentro dunhas
actividades" que teñan como "referente" a técnica do Instituto Baños de Bosque.
Ademais, Gesse apuntou a que este tipo de proxectos supoñen "investimento e creación de
oportunidades" para negocios que se atopen "preto destas zonas" rurais. Ao mesmo tempo,
"mentres teñamos unha poboación máis saudable, consumiranse menos medicamentos, o
que suporá un menor gasto público".
En calquera caso, o director do instituto sinalou que estas terapias "non son maxia", senón
que "apoian os servizos de saúde". "O bosque está poboado de beneficios" dos que poden
aproveitarse persoas "que sofren tensións, con síndrome burn out, nenos con problemas ou
persoas con cancro ou fibriomialgia".


Beza Rey García
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-02-2020 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal