Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dentes de quenlla para a rexeneración de ósos
Os biomateriales teñen tamén aplicación clínica na cirurxía facial A multinacional médica española Ziacom comercializará un biomaterial obtido de dentes de quenlla xurdida do proxecto Biofast, da Universidade de Vigo, e que ten aplicación clínica para a reconstrución ósea tras traumatismos ou tumores de óso, así como en aplicacións dentais .Este biomaterial saído do proxecto impulsado polo Grupo de Novos Materiais e liderado polo catedrático Pío González, atraeu o interese de varias empresas do sector biomédico, sendo a tecnoloxía transferida á multinacional española.
A alianza coa multinacional española, especializada no deseño e fabricación de implantes e produtos para cirurxía bucal, maxilofacial e biomateriales, constitúe un fito, xa que é a primeira vez que se asina un acordo de licenza que permite comercializar os resultados dos proxectos apoiados polo programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación coa colaboración da Fundación Barrié. O proxecto Biofast (Bio Fluor Apatite Shark Teeth) enmárcase nunha iniciativa europea de economía circular para a valorización de recursos e descartes da pesca.
A experiencia do seu grupo de investigación en materiais cerámicos, unida ás abundantes descargas no Porto de Vigo de pequenas quenllas procedentes da pesca sustentable, deron pé ao aproveitamento dos dentes dos escualos para obter cerámicas biocompatibles que permitan recuperar tecido óseo antes da colocación dun implante ou tratar ósos humanos danados por fracturas ou debido a un cancro. Os ensaios in vitro e as probas en pequenos animais demostraron a biocompatibilidad do material, a súa non toxicidade e a súa capacidade para promover a rexeneración ósea ao mesm
o nivel que outros recheos comercializados.


Susana Velasco Martínez
2º de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-02-2020 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal