Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Día escolar da paz e a non violencia
Este pasado xoves día 30 de xaneiro celebrouse o día mundial da paz e da non violencia, e o noso colexio non foi unha excepción. En Franciscanas Ourense estamos moi concienciados na causa e por mor desta celebración fixemos un bonito acto con todos os alumnos do colexio. Durante a semana tanto nós como os nosos profesores e algúns pais voluntarios escribimos un deseo de paz nuns pedazos de tela todos os deseos vanse xuntar e colgar no túnel de entrada do colexio. De esos deseos cada clase elixiu un para recitalo no acto no que os nenos máis pequnos do colexio derrumbraon uns muros en contra de todas as cousas que non lle gustan ver nas aulas. A celebración rematou cantando a canción composta polo profesor do colexio Elías Piñeiro que xunta ao seu coro entonaron unha fermosa canción a favor da paz. Esto debería valernos para darnos conta que a paz escolar debería ser todos os días do ano e non só un día por esta celebración.
Alejandro Santás
4º ESO B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-02-2020 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal