Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Regodobargo acollerá unha homenaxe a Suso Vaamonde
Amizades e diversas personalidades da cultura e do activismo na
Galiza reuniranse o vindeiro 16 de febreiro en Regodobargo, no
concello de Ponte Caldelas, para participar nun acto de homenaxe e
lembranza ao cantautor galego Suso Vaamonde, cadrando co
vixésimo aniversario do falecemento deste músico comprometido
coa liberdade e a defensa da Galiza e do pobo.


O Concello de Ponte Caldelas, entidade organizadora da
homenaxe, dará o nome de Suso Vaamonde á Casa do Pobo de
Regodobargo, a súa parroquia natal e instalará nese edificio unha
placa conmemorativa. Será ás 16 horas mais, previamente, ás 12
do mediodía, terá lugar unha ofrenda floral xunto a Casa do Pobo,
no río que tanto inspirou ao cantautor galego.


O acto será conducido polo actor Antonio Durán ‘Morris’ e contará
coa participación de Mero e Manuel Dopico d’A Quenlla; Alfredo d’A
Roda; Pepe Iglesias de Buxán; Luis Vaamonde, Os Xeitosiños,
Troula, Miguel de Combarro, Mil Tallos e as Pandereteiras de
Regodobargo.


Ricardo Tornero Belloso
1º BACH A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 26-01-2020 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal